Boas, familias.
A Directiva da ANPA Cachamuíña do Ceip Canicouva decidiu por unanimidade sumarse a "HEPA nas aulas Galicia", plataforma creada o pasado 15 de xaneiro para esixir á Xunta que permita a instalación de purificadores HEPA nos colexios públicos galegos como medida preventiva complementaria á ventilación.
Actualmente o seu uso nas aulas non está autorizado se non se dispón dun informe técnico favorable que ten que emitir a propia Xunta, e dado que a Consellería rexeita ou ignora por sistema as solicitudes dos colexios, os purificadores seguen parados aínda que está demostrado que a súa utilización contribúe a evitar contaxios por aerosois.
Deixámosvos tres enlaces de interese:
- Manifesto da Plataforma, onde atoparedes a nosa reivindicación e os seus motivos.
- Ligazón á petición de sinaturas de CHANGE.ORG, que vén de publicarse hai uns minutos.
- Ligazón ao grupo de Facebook da plataforma (aparece como PLATAFORMA FILTROS HEPA NAS AULAS)
Agradecémosvos que asinedes a petición e difundades esta información cos vosos contactos. Moitas grazas,