Boas, familias. Para conmemorar o Día da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra mañá, 11 de febreiro, achegámosvos o documento elaborado pola Comisión de Igualdade de Foanpas para reforzar o traballo que se está a facer dende as comunidades educativas para acadar a igualdade real entre homes e mulleres.
Contén enlaces a actividades, recursos audiovisuais e información sobre mulleres que se van abrindo paso no ámbito científico, ese mundo de oportunidades tan desiguais, para que os nosos fillos e fillas vexan e entendan dende pequenos que temos as mesmas capacidades e, por tanto, deberiamos ter tamén as mesmas oportunidades.