PROGRAMA DE ACTOS 8MVIGO e de XORNADAS FORMATIVAS

  Boas, familias. Achegamos o Programa de actos que a Concellería de 
Igualdade do Concello de 
Vigo e o Consello Municipal da Muller organizan durante este mes con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.
  Todas as actividades se desenvolverán a través de ZOOM seguindo as recomendacións sanitarias pola COVID19.
As persoas interesadas en inscribirse nalgunha destas actividades (contacontos, visita guiada á ruta "Sons de Mulleres" ou recital aberto de poesía de xénero) deben enviar o formulario anterior (formato editable) a ofi.muller@vigo.org
As persoas interesadas deben enviar o formulario de inscrición das xornadas (formato editable) ao enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org

PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA COMPLETAR AS PRAZAS (prazas limitadas)

As persoas que obteñan praza recibirán confirmación por parte da Concellería de Igualdade e nos días previos á actividade enviaráselles un correo electrónico coa invitación e enlace directo para conectarse.

RECOMENDACIÓNS:
- Procurar unha conexión o máis estable posible (zona de boa cobertura wifi ou preferentemente conexión por cable)
- Manter o micrófono silenciado
- Utilizar auriculares sempre que sexa posible para evitar que se acoplen o altofalante e o micrófono do noso dispositivo

Un saúdo,