Boas, familias. O Grupo de investigación Stellae da Universidade de Santiago de Compostela, ao que pertence unha das nosas mestras de Ed. infantil, e o Grupo de investigación Laboratorio de Educación y Nuevas Tecnologías da Universidad de la Laguna solicitan a colaboración das familias da escola pública de Vigo nun cuestionario sobre o uso e valoración de recursos educativos dixitais (RED) en Educación Infantil.
Achegamos a carta explicativa do proxecto e o enlace directo para acceder ao cuestionario. As respostas son totalmente anónimas.
Por favor, cumplimentádeo antes do luns 15 de marzo de 2021.
O documento está redactado en castelán porque se trata un traballo conxunto coa Universidade da Laguna (Comunidade Autónoma de Canarias). Grazas por participar e un saúdo,