Boas, familias. Nos vindeiros días confirmarémosvos mediante Tokapp
School se tedes praza no comedor escolar. Recibiredes unha mensaxe por cada fillo/a.
School se tedes praza no comedor escolar. Recibiredes unha mensaxe por cada fillo/a.
Se solicitaches praza, por favor, instala ou actualiza a app (é gratuita para os socios da ANPA) e comproba que tes activadas as notificacións.
*Se tes dúbidas ou algún problema, envía un correo a soporte técnico (soporte@TokApp.com) ou cubre o formulario de contacto dende a propia app (Tokapp School > menú > ajustes > ayuda > contactar).
Cando vos confirmemos a praza, poderedes abonar a cota de socio e o seguro de accidentes na conta xeral da ANPA. Nesta ocasión non é preciso que nos enviedes o xustificante.
- Conta: IBAN ES69-2080-5073-0330-4001-3704 (ABANCA)
- Cota socio: 15€ por familia
- Seguro: 11€ por neno/a
- Concepto: CUOTA SOCIO ou SEGURO + NOME NENO/A
- Prazo: ata o venres 20 de agosto.
Aínda non temos as tarifas definitivas, de modo que queda aprazado ata novo aviso o pagamento da 1ªmensualidade do comedor para todos os usuarios/as, incluidos os que solicitaron a bolsa do Concello pero desexan utilizar o servizo antes de que saian os listados de bolseiros (en caso de recibir a beca, devolveráselles o importe abonado).
Cando teñamos a confirmación oficial dos prezos, comunicarémosvos os prazos para realizar este pago e o xeito de formalizar a inscrición.
Pronto teremos unha xuntanza para falar dos comedores, despois da celebración da Asemblea ordinaria de fin de curso (máis información próximamente). Agradecémosvos que compartades esta información cos vosos contactos do colexio para que chegue a todas as familias do centro. Un saúdo,