CIRCULARES INSCRICIÓNS MATINAL / COMEDOR

Boas, familias. A piques de comezar as clases, o comedor vai collendo forma! 
  Lembrámosvos que é necesario que nos fagades chegar a ficha de inscrición e a autorización de recollida, no seu caso, para poder comezar a utilizar o servizo.
  Deixámosvos a continuación as tres últimas circulares que vos enviamos por Tokapp. Nelas tedes información sobre os servizos de comedor e aula matinal. Pincha nelas para acceder ao seu contido.
*Fe de erratas: na primeira páxina, o enderezo de correo electrónico de comedor está mal: o correcto é comedorcanicouva@gmail.com 
O horario de comedor é de 13:30 a 15:30h. Segundo o acordado na última asemblea, unha monitora agardará ata as 15:45 para axudar a varias familias que non dan chegado antes a recoller os seus fillos, pero isto non significa que se prolongue o horario do servizo: esta solución non debe aplicarse máis que en casos excepcionais, xa que o resto das monitoras remata o seu horario laboral ás 15:30 e non quedaría ninguén para atendelos. Un saúdo,