INFORMACIÓN AULA MATINAL - INSCRICIÓNS

aula matinal
Boas, familias. Este curso o servizo de aula matinal funciona dende o día 9 de setembro e abrirá todos os días de 
7:30 a 9:00h. Para usar o servizo é preciso 
  • ser socio da ANPA
  • pagar o seguro escolar
  • facer a inscrición e, sobre todo,
  • ter confirmada a praza no grupo burbulla correspondente, xa que temos que seguir aplicando os protocolos COVID. O uso da máscara segue sendo obrigatorio para todo o alumnado, incluido o de infantil.
 Haberá dous tramos horarios:
  • 8:00 a 9:00h para o alumnado que entra a partir das 8:00h.
  • 7:30 a 9:00h para as familias que precisan o servizo antes das 8:00h.
En ámbolos dous casos os nenos/as poden acceder en calquera momento dentro da franxa contratada, pero non antes.
*Estas tarifas aplícanse únicamente aos usuarios fixos, xa que polo momento non está permitida a asistencia esporádica. Para outros prezos (matinal a partir das 07:30h, semanas alternas, programación mensual, casos especiais...), contactade coa xerente da empresa de luns a venres de 10-13h e de 16-19h (tamén WhatsApp). O número figura na última páxina.

Todas as familias que solicitaron praza recibiron unha mensaxe de confirmación. Se precisas utilizar o servizo e non solicitaches praza:
  1. Consulta coa ANPA se hai sitio no grupo burbulla correspondente (matinalcanicouva@gmail.com) 
  2. Se tes praza, paga a cuota de socio (15€ por familia) e o seguro de accidentes (11€ por neno/a) e envíanos o xustificante de pago por mail.
  3. Cubre a declaración responsable (pincha aquí) e mándaa a norgof@norgof.es
  4. Cubre a ficha de inscrición online. É un formulario común para varias actividades e colexios. Ten en conta o seguinte:
    • Fai 1 inscrición por alumno/a
    • Cubre todos os campos salvo "taller juegos" e "extraescolares". En "autorizados" pon unha X para que che permita continuar.
    • En "aula matinal" indica o horario (matinal 7:30/ 08:00), a asistencia (LU, MA, MI...) e a data de inicio no servizo.
    • Cubre o IBAN (24 caracteres en total) e non esquezas autorizar á empresa a cargar o recibo.
       5. Podes consultar aquí o protocolo e as normas de funcionamento do servizo.
Un saúdo,