Boas, familias. Deixámosvos o menú basal deste mes, que tamén recibiredes por TokApp, do mesmo xeito que as dietas especiais. Lembrade que podedes solicitar (sempre con antelación ou a primeira hora da mañá) unha dieta branda en caso de que os usuarios teñan molestias puntuais que non impidan a asistencia ao comedor, pero que en ningún caso se deben enviar ao centro con gastroenterite ou calquera outra doenza que poida resultar contaxiosa. Grazas pola vosa colaboración.