PREZOS COMEDOR CURSO 2023-24






 

PREZOS COMEDOR 2023/2024

 

§  Datas nas que se dará servizo de comedor: dende o 11  de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024.

 

§  Os usuarios/as de comedor poderán establecerse en catro tipos:

 

o   Nenos/as fixos/as: aqueles que comen 5, 4, 3, 2 ou 1 día á semana durante todo o curso.

o   Nenos/as bolseiros/as: son aqueles que, previa petición á Concellaría de Benestar Social do Concello de Vigo, teñen concedida a beca para o comedor

o   Nenos/as de programación mensual: son aqueles/as que non comen sempre o mesmo número de días ó mes, pero que o comunican mensualmente.

o   Nenos/as esporádicos: son aqueles que usan o comedor de vez en cando.

 

§  Os/as nenos/as fixos/as de 5,4,3,2,1 día/s aboarán 4,70 € por día/menú, (prezo subvencionado)

 

§  Prezos mensuais:

 

o   5 días ---------------  81,00 €

o   4 días ---------------  67,50 €

o   3 días ---------------  53,50 €

o   2 días ---------------  36,50 €

o   1 día ----------------  18,50

 

 

§  Os/as alumnos/as que fagan uso do comedor escolar esporadicamente, é dicir, que non coman días fixos na semana, deberáselles cobrar 6 €, xa que non poden ser beneficiarios/as das axudas fixas, que son as que permiten abaratar os custes.


ANPA CACHAMUÍÑA- CEIP CANICOUVA

Nº tel. 681 973 842 - anpapereiro@gmail.com