Ola a todos!
Só un par de avisos con referencia aos pagamentos:
- TRANSFERENCIAS PERIÓDICAS: estanse a recibir pagos de mensualidades na antiga conta de comedor. Todas aquelas familias que teñades programados os pagos de comedor debedes modificar a periodicidade das transferencias ou acudir á vosa oficina para interromper os pagamentos durante o verán.
- Non é preciso que devolvades o recibo: facilitádenos un número de conta por correo electrónico e procederemos á devolución por transferencia.
- NOVOS NÚMERO DE CONTA: lembrade ademais que os números de conta cambiaron. Podedes consultar toda a información e consultar ou descargar os números de conta aquí.
- PAGOS DENDE O CAIXEIRO: pagar dende un caixeiro é sinxelo, gratuito e pódese facer a calquera hora, tanto en efectivo como coa tarxeta de abanca. Dende a pantalla principal, estos son os pasos que hai que seguir. Premer en:
- operacións sen tarxeta ou libreta >
- seleccionar o idioma >
- escoller ingreso.
- Indicar a cantidade
- Cubrir o campo concepto cos datos necesarios: concepto do pago+nome completo do alumno (+ tarifa escollida no caso do comedor: 5d, 2d...)
- Deixar en branco o campo ordenante (basta con poñer o nome do alumno no campo anterior).
- Cubrir o campo DNI.
- Introducir o pagamento en billetes (devolve cambio en billetes e/ou moedas).
- Finalmente, GRAZAS pola colaboración a todos os que xa comenzastes a remitir as fichas de inscrición e a abonar as cotas de socio e seguro.