ENTRADA ACTUALIZADA A 18/09/2018
Achegamos o proxecto de actividades extraescolares para este curso. Como veredes, hai poucos cambios con respecto ao cadro que vos enviamos xunto coa circular de xuño. Os máis destacado, que acrobática está aínda no aire; rogamos aos interesados que se poñan en contacto coa ANPA; de haber suficientes, estudiariamos a posibilidade de crear grupo con outra empresa; patinaxe está pendente da concesión da pista.
Por outra parte, balonmán cambia as condicións de acceso xa que pasa a formar parte das Escolas Deportivas do Concello.
NOVO: completamos a oferta dos venres con Multiactividade. Nesta extraescolar os alumnos realizarán unha actividade diferente cada día, para pasalo ben xogando, experimentando e aprendendo. Todos os materiais están incluidos.
Lembrámosvos que o prazo para inscribirse remata o día 20 de setembro. Por favor, non agardedes a que se esgote: o ano pasado non saíron adiante actividades por non chegar ao número mínimo dentro do prazo establecido e, unha vez que finaliza, xa non se pode facer nada.
*MULTIMEDIA: nestas actividades haberá dispositivos electrónicos de apoio para as clases.
NOTAS
BALONMÁN: pasa a formar parte das Escolas Deportivas e hai cambios: a duración das clases será de 2 HORAS (de 16:00 a 18:00h), poden inscribirse os nenos nacidos entre 2007 e 2012 e o prezo pasa a 43,15€ por curso. Para formalizar a matrícula é preciso cubrir esta semana a ficha de inscrición que vos facilitaremos na ANPA, facer o pago (indicando no concepto balonmano + nome completo) e traer o resgardo de pago xunto coa ficha. Mañá confirmaremos a forma de pago.
O mércores 19 ás 16:00h haberá unha xornada de portas abertas para quen queira probar a actividade.
FÚTBOL SALA: en principio a actividade farase fóra aínda que chova. Se fixera moi mal tempo, trasladaríase ao ximnasio ou suspenderíase, igual que o ano pasado.
COCIÑA: será os XOVES, igual que o curso pasado (3-12 anos). .
INGLÉS CAMBRIDGE: nesta actividade farase unha proba de nivel. Os alumnos repartiranse en grupos segundo o seu nivel, independientemente do curso no que estean matriculados na escola.
ROBÓTICA: a actividade está pensada para alumnos a partir de Primaria; os nenos de menor idade poden asistir a BRIGHT MINDS (extraescolar de estimulación na que se emprega a psicomotricidade e a intelixencia emocional, conta con material Lego Education®) e está especialmente recomendada para infantil.
XADREZ: se non hai alumnos suficientes para formar grupo, os interesados poderán acudir as instalacións do clube por 20€ mensuais (en vez de 50€).
Actualizado a 17.09.18: existe a posibilidade de impartir a clase ás 16:00h en vez de ás 17:00h.
ACROBÁTICA: está pendente de confirmar a dispoñibilidade dos monitores de Flic Flac. Rogamos aos interesados que se poñan en contacto con nós: se alcanzamos o mínimo de inscritos, tentaremos negociar a actividade con outro clube de Ximnasia Acrobática.
PATINAXE: o Clube segue cos trámites para conseguir pistas. Se non llas adxudican, non se poderá impartir a actividade, dado que seguimos sen ter patio cuberto.
Un saúdo,