Para o curso 2018/19, a ANPA fai unha aposta pola CALIDADE da man de EXODEGA (empresa especializada en actividades formativas para nenos e adultos, elaboración de libros de texto e formación a profesorado), que coordina na actualidade as extraescolares en máis de 40 centros de toda Galicia.
Ademais de manter as empresas e actividades que tiveron grupo ata xuño, ampliamos a oferta e contamos coa colaboración da escola de artes marciais Muga Dojang, o clube Xadrez Galego e o Club Castrelos de Patinaxe Artística.
Este curso ofreceremos tamén actividades para adultos para que poidades aproveitar o tempo das extraescolares dos vosos fillos para dedicárvolo a vós mesmos, pero podedes asistir ainda que os vosos fillos non estean inscritos nalgunha actividade sempre que a familia sexa socia e pague o seguro escolar. O prezo destas actividades non está subvencionado (é a cota íntegra ofertada polas empresas correspondentes).
DURACIÓN
Todas as extraescolares duran 1h salvo que se indique o contrario, e impartiranse de outubro a maio con posibilidade de seguir en xuño se hai suficientes alumnos interesados (salvo Natación).
NÚMERO DE ALUMNOS
Para que as actividades se leven a cabo, é preciso un mínimo de participantes que oscila entre 8 e 10 (excepto Espada Coreana, que fai grupo a partir de 4), e poderán suspenderse durante o curso se as baixas fixesen imposible mantelas. Haberá tamén un número máximo para garantir o correcto desenvolvemento da actividade.
Nalgunhas actividades faranse grupos e as clases impartiranse en varias aulas simultaneamente. Nas que teñen un único monitor, a ANPA resérvase o dereito de celebrar un sorteo público para adxudicar as prazas entre todas as solicitudes.
CONDICIÓNS
Para poder inscribirse é obrigatorio pertencer á ANPA, pagar o seguro de accidentes (salvo natación, balonmán e fútbol sala) e anotar na ficha de socio ou comunicar ás voluntarias as actividades nas que solicitades praza antes de que finalice o prazo de inscrición.
Tamén é obrigatorio acudir ás gardas, pero se traballades ou non podedes asistir pola razón que sexa, pode substituirvos outra persoa (pais, irmáns ou persoas vinculadas ao centro e previamente autorizadas polos proxenitores). A cada familia tocaranlle 2 ou 3 gardas por actividade en todo o curso, dependendo do número de alumnos anotados.
Por indicación expresa dos monitores, os pais dos alumnos non poden asistir aos entrenamentos (do mesmo xeito que non están presentes en pintura ou cociña) especialmente cando a actividade se desenvolve no interior do ximnasio.
PRAZOS
O prazo para inscribirse finalizará o 20 de setembro*. Organizaremos os grupos e as quendas das gardas e informarémosvos o antes posible das extraescolares que saen adiante. Avisaremos igualmente das actividades nas que é preciso cubrir unha ficha para que poidades formalizar a matrícula.
*A inscrición de piscina está prevista para o día 21. Os rapaces que consigan praza poderán anular a inscrición das extraescolares que teñan o mesmo horario.
PAGO
As actividades deberán pagarse dentro dos primeiros 11 días de cada mes. Os impagos ou retrasos reiterados e non xustificados implicarán a perda da praza. Nas actividades que se abonen por domiciliación bancaria, os recibos pasaranse na primeira semana e a súa devolución suporá o cargo dos gastos de xestión.
A piscina pagarase mediante ingreso ou transferencia á conta da ANPA. Neste caso, para confirmar a praza é obrigatorio remitir o xustificante de pago (por email ou na oficina) antes das 10:00h do luns 24; para os ingresos en conta non é preciso xustificante.
Rogámosvos que contactedes directamente coa ANPA se tedes dúbidas ou consultas sobre calquera actividade. Encargarémonos de transmitir todas as cuestións aos profesores e de contestarvos o antes posible sen interromper os cursos nin retrasar os monitores, que teñen outros compromisos laborais ao finalizar no noso centro. Grazas.

NORMAS DE INSCRICIÓN

NOTA: xa está publicado no blog o cadro de actividades, coa información que faltaba na circular remitida en xuño.
Para consultar os grupos de natación, preme aquí.

Un saúdo,