Boas,
Lembrámosvos que hoxe, xoves 20 de setembro, finaliza o prazo de pago para os que estades anotados na lista da piscina de Travesas, tal e como vos comunicamos na circular do 18/09/18.
Para confirmar a praza é preciso que fagades HOXE o ingreso na conta da ANPA indicando "piscina travesas + nome alumno" ou similar e que nos enviedes o xustificante por email.
Durante toda a mañá entraron moitos pagos na conta e avisos por whatsapp, pero como sabedes, o teléfono da ANPA queda en comedor polas tardes e non está operativo para recibir avisos. Se non conseguides mandar captura de pantalla ou tedes calquera outro problema, confirmade por email que está feito o pago e en que data se pagou.
Todos aqueles preinscritos que non fagan o ingreso durante o día de hoxe e/ou non nos envíen o correspondente xustificante, perderán a reserva e esa praza quedará a disposición das familias que veñan a inscribirse mañá, venres 21.
Se seguen interesados en piscina, terán que facer cola o venres, coma sempre.
Un saúdo.