O pasado 16 de febreiro falámosvos do proxecto benéfico 42x42 do contacontos Gravata TorLa, a
iniciativa coa que pretende conseguir libros e crear unha biblioteca no hospital de día de Bicos de Papel.
iniciativa coa que pretende conseguir libros e crear unha biblioteca no hospital de día de Bicos de Papel.
Como sabedes, nas librarías Hobbit e Andel hai dúas listas de libros distintas, de entre 10€ e 15€, que podemos adquirir -entre varios, se queremos- e doar para este proxecto.
Nos libros elixidos podemos debuxar ou deixar unha mensaxe de ánimo para os nenos. Sen dúbida, servirán para para facer máis amenas as súas longas xornadas de terapia e tratamentos.
Nos libros elixidos podemos debuxar ou deixar unha mensaxe de ánimo para os nenos. Sen dúbida, servirán para para facer máis amenas as súas longas xornadas de terapia e tratamentos.
O día 5 de abril ás 17:42h entregaremos os libros a Bicos de Papel nun acto festivo no Liceo Marítimo de Bouzas no que haberá sesión de contacontos, música, baile e merendola para os rapaces.
Un saúdo,
Un saúdo,