
Se sodes novos no centro ou é a primeira vez que precisades utilizar o comedor, nesta entrada atoparedes resposta ás preguntas máis frecuentes sobre este servizo:
COMEDOR ESCOLAR
O comedor escolar é un servizo que depende do Concello e presta a empresa de catering ARUME. Está xestionado pola ANPA baixo a tutela da Federación Olívica de Anpas (FOANPAS), asociación á que pertencemos e que establece os prezos para cada curso.
QUEN PODE ASISTIR A COMEDOR?
Todos os alumnos matriculados no centro, sempre que cumpran as normas de conduta e non teñan débedas coa ANPA.
TODOS OS MESES TEÑEN O MESMO PREZO?
Sí. Para calcular as tarifas faise unha media dos días lectivos totais do curso escolar, así que o prezo é igual todos os meses, incluidos aqueles nos que hai vacacións (Nadal, Entroido, Semana Santa) ou son máis curtos (xuño, setembro).
É OBRIGATORIO SER SOCIO PARA USAR O COMEDOR?
É NECESARIO PAGAR O SEGURO?
Sí. O seguro de accidentes ofrece cobertura en caso de lesión ou accidente producido durante o tempo de comedor e é obrigatorio para todos os usuarios, sexan socios ou non, incluídos os bolseiros. O importe para o curso 2019/20 será de 10€ por alumno.
SOLICITEI A BOLSA DO CONCELLO. TEÑO QUE PAGAR ALGO?
Sí. En primeiro lugar, o seguro de accidentes (10€ anuais por usuario), indispensable para acceder ao servizo; os demais gastos varían segundo o teu caso:
Sí. En primeiro lugar, o seguro de accidentes (10€ anuais por usuario), indispensable para acceder ao servizo; os demais gastos varían segundo o teu caso:
- Se decides ser socio da ANPA, 15€ (cota anual por familia).
- Se NON te fas socio da ANPA, debes pagar por adiantado os gastos de xestión dos meses que precises o servizo (2€ por cada mes). Así, un bolseiro non socio que utilizase comedor de setembro a xuño pagaría 20€, pero sen os beneficios dos asociados.
- Se queres usar o servizo de comedor antes de que o Concello comunique os nomes dos bolseiros, deberás abonar as mensualidades correspondentes ata que se publiquen as listas. Se finalmente che conceden a bolsa, devolveránseche os pagos.
As inscricións fanse en setembro, pero para axilizar os trámites podedes enviar a documentación por correo electrónico do 1 ao 31 de agosto sen necesidade de pasar pola oficina. As solicitudes recibidas por esta vía figurarán como presentadas o primeiro día do prazo que lles corresponda.
Se prefires achegarte á ANPA, abriremos do 4 ao 10 de setembro de 10 a 12:00h; do día 11 ata fin de curso, de 09:05 a 10:00h (tardes por determinar).
En calquera caso, lembra que para confirmar a praza debes presentar o xustificante de pago do primeiro mes de comedor. O resto dos meses non será necesario.
IMPORTANTE: Rogámosvos que respectedes os prazos de inscrición: os profesores precisan saber que nenos van a comedor e a data na que empezan no servizo, e non queremos interromper as clases máis do necesario.
En calquera caso, lembra que para confirmar a praza debes presentar o xustificante de pago do primeiro mes de comedor. O resto dos meses non será necesario.
IMPORTANTE: Rogámosvos que respectedes os prazos de inscrición: os profesores precisan saber que nenos van a comedor e a data na que empezan no servizo, e non queremos interromper as clases máis do necesario.
TEÑO QUEIXAS DO COMEDOR. A QUEN PODO DIRIXIRME?
No caso de ter algún problema ou queixa sobre o servizo de comedor, agradeceríamosvos que nolos transmitades tan pronto como se produza para buscar unha solución o antes posible. Podedes contactar con nós na ANPA ou enviar un correo electrónico a ampapereiro@hotmail.com con copia a FOANPAS (comedores@foanpas.com).
Un saúdo,No caso de ter algún problema ou queixa sobre o servizo de comedor, agradeceríamosvos que nolos transmitades tan pronto como se produza para buscar unha solución o antes posible. Podedes contactar con nós na ANPA ou enviar un correo electrónico a ampapereiro@hotmail.com con copia a FOANPAS (comedores@foanpas.com).