INFORMACIÓN - FACERSE SOCIO DA ANPA


Boas, familias.
ampa canicouva, anpa canicouva, ampa cachamuíña
  Nesta entrada atoparedes resposta ás preguntas máis habituais sobre os asociados da Anpa.

QUEN PODE SER SOCIO DA ANPA?
     As familias de todos os nenos matriculados no centro. Teñen a condición de socios, ademáis dos rapaces, os seus proxenitores e irmáns menores de 12 anos.

CANTO HAI QUE PAGAR?
     A cota de socio para o curso 2022/23 é de 16€ por familia e curso. [actualizado]

CANDO E COMO PODO FACERME SOCIO PARA O VINDEIRO CURSO?
     Xa podes facerte socio. Descarga a ficha de inscrición (pincha aquí), cúbrea e mándaa por correo electrónico á ANPA xunto co xustificante de pago (anpapereiro@gmail.com)En setembro haberá fichas na oficina. 

EN QUE ME BENEFICIA SER SOCIO?
     Os socios gozan de mellores prezos nos campamentos, excursións e saídas culturais organizadas pola ANPA, non pagan gastos de xestión polo servizo de comedor e teñen unha festa exclusiva para eles: a Festa do Socio, que se celebra en xuño para agradecer ás familias socias a súa colaboración.

É OBRIGATORIO SER SOCIO DA ANPA?
     É preciso ser socio (e pagar o seguro de accidentes) para inscribirse en aula matinal e na meirande parte das actividades extraescolares. Non é obrigatorio ser socio para utilizar o servizo de comedor, pero sí recomendable (consultar Información - Comedor escolar).

NON USO AULA MATINAL NIN COMEDOR, E OS MEUS FILLOS NON VAN A EXTRAESCOLARES. POR QUE DEBERÍA ASOCIARME?
     Porque a ANPA, ademáis de xestionar estos servizos, tamén se encarga dos campamentos en períodos vacacionais e organiza talleres, saídas culturais e excursións ás que poden asistir todos os alumnos, socios ou non     
     Ademáis, colabora nas actividades que organiza o Centro e na financiación de proxectos de mellora do colexio, entre outros, dos que tamén se benefician todos os rapaces matriculados.          Por outra banda, xestionamos a participación do colexio na Liga de Natación Escolar do Concello, organizamos e coordinamos as sesións de fotos escolares para todo o alumnado do Centro e axudamos a financiar as festas de graduación de 6º de infantil e 6º de primaria.
     Pero sen socios non habería ANPA e non se poderían levar a cabo todas estas iniciativas. Contamos coa túa colaboración para poder existir e seguir traballando. 


Un saúdo,
ampa cachamuíña