Boas, familias.
Dende aquí facémonos eco do manifesto de FOANPAS sobre a situación do profesorado da Escola Pública ante o brote do COVID-19:
"Dende a Federación de Nais e País de Vigo e Comarca (FOANPAS) queremos manifestar o noso apoio ao profesorado dos Centros Públicos de Ensino de Galicia. As súas demandas e preocupacións tamén son as nosas. A súa saúde, dereitos e integridade repercuten nos nosos fillos e nas nosas fillas. A volta á normalidade, cando se produza, ten que estar garantida. E de igual xeito que o alumnado vai para a casa, o profesorado tamén.

O NOSO APOIO INCONDICIONAL
As familias da Escola Pública de Vigo".
Lembrámosvos tamén que o profesorado preparou recursos de urxencia a semana pasada para que os rapaces puideran seguir traballando durante a suspensión das clases (podedes consultalos na web do cole ou nesta entrada). Os enlaces están a ser revisados, xa que algúns non funcionaban en determinados navegadores, así que consultade a web de cando en vez.
Por outra parte, puxemos a disposición do centro a aplicación Tokapp School para que o profesorado poida enviar información ás familias se o estima oportuno, como medida excepcional ante esta situación tan complicada. Hoxe enviouse a primeira comunicación aos grupos de 1º, 2º e 3º de primaria (inglés). Como non todas as familias dispoñen da aplicación, rogámosvos que compartades cada comunicación nova no grupo de whatsapp da vosa clase (e só na vosa clase, posto que as tarefas son distintas para cada curso), para garantir que todos os nenos e nenas teñan acceso a todos os recursos. Grazas pola vosa colaboración. Un saúdo,