Canle de formación online de Foanpas - Webinar Ampliando a mirada a outras realidades...


charla ampliando a mirada a outras realiadesBoas, familias.
  As comisións e a directiva de FOANPAS seguen traballando para proporcionarnos información de profesionais de distintos campos e facilitarnos axuda e recursos durante a suspensión das clases
  Na súa web e redes sociais atoparedes recomendacións para pasar o illamento con nenos e adolescentes, consellos sobre alimentación saudable, asesoramento e, sobre todo, formación, o seu principal campo de actividade.
  Días atrás falabámosvos sobre a recén estreada canle de convivencia; agora convidámosvos a unha charla en directo que inaugurará a canle de teleformación, coa que seguirán achegando contidos de calidade adaptados a esta nova situación que non permite a formación presencial ás familias.
  Aquí atoparemos unha serie de "webinars" ou conferencias interactivas en tempo real relacionadas coa educación, divulgación, defensa dos dereitos do alumnado NEAE, redes sociais na adolescencia e control parental... nas que poderemos participar activamente, comentar e facer preguntas ou simplemente escoitar aos conferenciantes.
  O primeiro webinar abordará o confinamento dende o punto de vista das familias NEAE con tres nais que nos contarán como están a vivir estes momentos de cambios, tanto a nivel de rutinas como de comunicación cos centros escolares.

Charla: Ampliando a mirada a outras realidades: confinamento, educación e accesibilidade. 
Día: 30/04/20 (xoves)
Hora18:00h
Lugar: ONLINE: pincha aquí para acceder* ou copia e pega o seguinte enlace no teu navegador: https://meet.google.com/qic-heqz-ouo 

* Pinchando no enlace accederedes a unha reunión virtual na plataforma de Google Hangouts Meet. Por defecto solicitará acceso á camara e ao micrófono, pero non é obrigatorio aceptar: podedes rexeitalo e escoitar a charla igualmente, e conceder os permisos para facer preguntas. Tras a exposición de cada participante haberá unha quenda de preguntas por chat.

 Para acceder de xeito directo aos webinars ou solucionar dúbidas, pinchade aquí ou copiade o seguinte enlace no voso navegador: https://narede.foanpas.com
Un saúdo,
anpa canicouva