Recursos de intelixencia emocional para todos


intelixencia emocional punto y aparteBoas, familias.
  Hoxe traémosvos as actividades das que vos falamos hai uns días nesta entrada
  Punto & Aparte, a empresa que imparte esta extraescolar no Canicouva, preparounos unha serie de recursos para que todas as familias do cole teñan a posibilidade de traballar a intelixencia emocional dende a casa.
  Para acceder a eles só tedes que pinchar no seguinte enlace:
Intelixencia emocional contra o coronavirus (preme aquí).
  Atoparedes contos, actividades e información sobre intelixencia emocional que vos permitirá axudar aos vosos nenos e nenas a xestionar as súas emocións e saber como enfrentarse ao medo, a ansiedade ou ao estrés destes días.
Agardamos que vos sexan útiles e enviamos dende aquí o noso agradecemento e unha grande aperta todo o equipo de Punto & Aparte.
Un saúdo,
anpa canicouva