O mar no camiño. Obradoiro de difusión da cultura mariñeira (2ª parte)


Boas, familias.
  Lembrádesvos da actividade que FUNDAMAR impartiu ao alumnado de 2º de primaria e da que vos falamos nesta entrada (click)?
  Estaba previsto que as obras realizadas polos nenos formasen parte dunha exposición itinerante en dous museos de Santiago e de Vigo, e que os nosos pequenos artistas visitarían o Museo do Mar de Galicia para ver o resultado dos seus traballos en origami
  Debido á COVID19 hubo que modificar o plan inicial... e agora podemos ver as obras colaborativas feitas polo alumnado dos 10 centros escollidos ao longo do Camiño de Santiago Portugués nunhEXPOSICIÓN VIRTUAL (click), xa que o proxecto conta agora cunha páxina web propia: www.omarnocamino.org
  Na páxina web atoparemos as guías didácticas e vídeos explicativos de cada unha das sesións realizadas para poder replicar de novo o proxecto ou algunha das outras actividades.
  Tamén se pode descargar o conto, identificar as escenas no mapa virtual, descargar a credencial e, incluso, realizar un xogo de preguntas sobre as aventuras das personaxes Migueliña, Laura, Roberto e Antón.
  Dende aquí o noso agradecemento a Patricia (Fundamar) e a Palmira (Mimadriña) por organizar esta actividade e, sobre todo, a Ana Marta e Fina, as magníficas tutoras de 2ºA e 2ºB, por aceptar a nosa proposta e o reto de mergullarse cos seus nenos e nenas no origami de O Mar no Camiño.
Un saúdo,
anpa canicouva