INFORMACIÓN AULA MATINAL

Boas, familias. Nesta entrada atoparedes resposta ás preguntas máis habituais sobre a aula matinal do Ceip Canicouva 
QUE É?
   O taller matinal, denominado PROGRAMA MADRUGA, é un servizo sen almorzo prestado por Anias Formación e Xestión Sociocultural, empresa galega especializada en atención á infancia e xuventude, formación, tempo libre e dinamización sociocultural. Consiste en actividades que manteñen o alumnado entretido ata o comezo das clases.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
     Ás familias que comezan a súa xornada laboral antes da hora de inicio das clases no colexio.
HORARIO
     De 7:30 a 9:00h (horario de entrada flexible) a partir de novembro. Ao finalizar a sesión, as monitoras acompañarán os nenos de infantil ás súas aulas. Os de primaria subirán ás súas clases no horario que lles corresponda segundo o protocolo do centro.
 REQUISITOS
  Para poder utilizar este servizo é preciso ser socio da ANPA (15€ por familia e curso) e pagar o seguro de accidentes (11€ por alumno e curso) na conta xeral da ANPA. 
MODALIDADES DE UTILIZACIÓNdebido ao procotolo COVID, este curso non poderemos admitir usuarios esporádicosConsidéranse usuarios fixos os que asisten todos os días de luns a venres, regularmente varios días á semana ou en semanas alternas (consultádenos o prezo neste caso).
PREZOS

INSCRICIÓNS
As inscripcións, renovacións de socio e contratación do seguro de accidentes faranse de forma telemática a través de EDUE.
    As familias interesadas no servizo regular para o curso escolar 2020/21 deberán rexistrarse en EDUE para renovar ou darse de alta como socio da ANPA. Nestas entradas do blog tedes información sobre cómo facerse socio (pincha aquí) e instalar TokApp School (pincha aquí). 
  1. Unha vez rexistrados e creados os alumnos, iniciade sesión en edue.es co voso contrasinal e usuario, entrade en cada alumno e pinchade en contratar seguro.
  2. Ingresade o importe correspondente na conta que aparece, co código indicado (podedes facer un único ingreso se tedes varios fillos).
  3. Enviádenos o xustificante de pago a matinalcanicouva@gmail.com (ou por WhatsApp, xunto co voso nome) e mandarémosvos a documentación necesaria ao email que rexistrastes en EDUE. 
  4. Enviade a documentación requirida a matinalcanicouva@gmail.com antes do xoves 29/10/20.
FORMA DE PAGO
     A empresa pasará o recibo nos primeiros 15 días de cada mes aos usuarios fixos.
     Lembrade que hai que comunicar as baixas e as novas altas durante o curso antes do día 20 do mes anterior.
Un saúdo,
anpa canicouva