PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO A TRAVÉS DAS TICS (2ª sesión)

  Boas, familias. Invitámosvos a asistir 2ª sesión do webinar sobre Prevención da violencia de xénero a través das TICs. Será impartido por David López Pazos, docente e experto en novas tecnoloxías e control parental, o martes 24 de novembro a partir das 16:00h, por GoogleMeet.

  Nesta sesión, David proporcionaranos ferramentas para previr a exposición dos nosos fillos e fillas á violencia de xénero a través das TICs e que nos permitirán poder intervir ao respecto.

 2ª SESIÓN DA ACTIVIDADE DESTINADA A NAIS, PAIS E PROFESORADO
Data: Mar. 24 Nov. 2020 (16:00-18:00h)
Inscrición: cubre este formulario (pincha aquí) co teu nome e centro.
Conectarse:
  Lembra que non precisas ter activada a cámara para participar: simplemente preme no enlace e desactívaa se non desexas aparecer na pantalla. 
 Utiliza o chat para enviarnos as túas preguntas ou dúbidas. O moderador leeraas e irá dándovos a palabra por orde. 

...

  Este webinar forma parte dunha serie de actividades* organizadas no Ceip Canicouva pola ANPA Cachamuíña e que se integran no programa subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade para a prevención da violencia de xénero e promoción da igualdade no marco do Pacto de Estado. 
  O ciclo pretende impulsar a sensibilización de familias e ANPAs na perspectiva de xénero, así como concienciar ao alumnado e a comunidade educativa sobre os estereotipos existentes, promovendo relacións respetuosas e en igualdade para previr a violencia de xénero.
Un saúdo,
anpa canicouva