COMO FACERSE SOCIO - FICHA INSCRICIÓN (pdf)

PREGUNTAS FRECUENTES

QUEN PODE SER SOCIO DA ANPA?
     As familias de todos os nenos matriculados no centro. Teñen a condición de socios, ademáis dos rapaces, os seus proxenitores e irmáns menores de 12 anos.

CANTO HAI QUE PAGAR?
     A cota de socio é de 15€ por familia e curso. É a mesma cantidade dende hai seis anos (sete, no curso 2018/19).

CANDO E COMO PODO FACERME SOCIO PARA O VINDEIRO CURSO?
     A partir do mes de xullo. Xa está publicado o novo número da CONTA DA ANPA na entrada Novas contas
     Podedes descargar a ficha de inscrición dende o enlace ao final desta entrada, cumplimentala e remitila por correo electrónico á ANPA (ampapereiro@hotmail.com) xunto co xustificante de pagamento (ou simplemente indicando na mensaxe a data na que se fixo o pago).
     En setembro teremos fichas na Oficina á vosa disposición. Deberedes abonar a cota no banco e devolvernos a ficha debidamente cumprimentada.

EN QUE ME BENEFICIA SER SOCIO?
     Os socios gozan de mellores prezos nos campamentos, excursións e saídas culturais organizadas pola ANPA, non pagan gastos de xestión polo servizo de comedor e teñen unha festa exclusiva para eles: a Festa do Socio, que se celebra en xuño para agradecer ás familias socias a súa participación.

É OBRIGATORIO SER SOCIO DA ANPA?
     É preciso ser socio (e pagar o seguro escolar) para inscribirse na aula matinal e nas actividades extraescolares. Non é obrigatorio ser socio para utilizar o servizo de comedor, pero sí recomendable (consultar entrada COMEDOR).

NON USO AULA MATINAL NIN COMEDOR, E OS MEUS FILLOS NON VAN A EXTRAESCOLARES. POR QUE DEBERÍA ASOCIARME?
     Porque a ANPA, ademáis de xestionar estos servizos, tamén se encarga dos campamentos en períodos vacacionais e organiza e axuda a financiar excursións ás que poden asistir todos os alumnos, socios ou non     
     Ademáis, participa activamente nas festas e actividades que organiza o Centro, colabora no coidado e mantemento do horto e tamén na financiación de saídas culturais e proxectos de mellora do colexio (instalación de pantallas, rampa de acceso ao horto escolar, renovación da biblioteca...) dos que tamén se benefician todos os rapaces matriculados.     
     Por outra banda, impulsamos iniciativas solidarias, xestionamos a participación do colexio na Liga de Natación Escolar do Concello, organizamos e coordinamos as sesións de fotos escolares para todo o alumnado do Centro e axudamos a financiar as festas de graduación de 6º de infantil e 6º de primaria.
     Pero sen socios non habería ANPA e non se poderían levar a cabo todas estas iniciativas. Contamos coa túa colaboración para poder existir e seguir traballando.