Boas, familias. Xa está aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar para o curso 2021-22. [PECHADO]
A semana pasada enviámosvos a través dos nenxs unha circular en papel xunto coa solicitude. Se non a recibistes ou sodes novos no centro, podedes descargala premendo no seguinte enlace:
Todas as familias que precisen usar o comedor de forma continuada durante todo o curso deberán cubrir unha solicitude por neno/a e depositala antes do 11 de xuño na caixa de correo da ANPA (situada na parede da entrada peonil) ou ben remitila por correo electrónico a comedorcanicouva@gmail.com.
Tede en conta que:
- Para solicitar praza, o usuario non pode ter débedas coa ANPA.
- É obrigatorio depositar a solicitude no buzón ou enviala por mail antes do día 11. Non a mandedes na mochila dos rapaces nin lla entreguedes ao profesorado, por favor.
- A solicitude non garante a praza no comedor pero, por motivos organizativos, é indispensable presentala en tempo e forma para poder optar ao servizo.
- O protocolo COVID implica unha notable redución de aforo: só poderán pedir praza os usuarios fixos para todo o curso (non se poderá usar o comedor de xeito esporádico). Aínda así, cabe a posibilidade de ter que baremar ou sortear as prazas dispoñibles para poder cumprir coa normativa.
- Cando a praza sexa confirmada, a familia do usuario terá que formalizala (cubrir a ficha de inscrición e ingresar as cotas* de socio e seguro de accidentes na conta da ANPA e o primeiro mes de servizo na conta de comedor). Manterémosvos informados.
- O medio oficial de comunicación da ANPA coas familias seguirá sendo Tokapp School, aplicación gratuita para os socios e de uso obrigatorio para a xestión do comedor: utilízase, entre outros, para confirmar as becas, enviar os menús, remitir información importante ou contactar de forma urxente coas familias en caso necesario. Máis información sobre a instalación desta app nesta entrada (preme aquí). Para calquera consulta ou dúbida, remitide un correo electrónico a ampapereiro@hotmail.com.
- É obrigatorio cubrir todos os campos da solicitude, incluidos curso e letra (salvo os nenos/as de 4º de infantil e o alumnado novo no colexio, que descoñecen estes datos).
- Se precisades o servizo de comedor en semanas alternas, horarios variables (programación mensual) ou aínda non sabedes os días que precisaredes o servizo, indicádeo na ficha, preferiblemente en maiúsculas na marxe superior. Lembrade que non se admiten usuarios esporádicos.
Para máis información sobre a xestión do comedor, podedes consultar as seguintes entradas (tede en conta que as tarifas e prazos corresponden a cursos anteriores):